Tuesday 17 de September de 2024

O Concello adxudica por 29.823 euros o proxecto de pavimentación de viais no núcleo de Transfontáns, en Serantes


• As obras serán financiadas con cargo ao POS + Adicional 2/2023 da Deputación da Coruña

O Concello de Laxe vén de adxudicar por 29.823,40 euros as obras de pavimentación de vías municipais no núcleo de Transfontáns, na parroquia de Serantes, que serán financiadas con cargo ao POS + Adicional 2/2023 da Deputación da Coruña.

A actuación consiste na mellora da pavimentación e a sinalización da zona na que se vai actuar, que comprende dous tramos de dúas vías existentes no núcleo rural deste lugar.

Por unha banda, nun deles vaise proceder ao desprazamento de dous postes de electricidade e alumeado ao novo límite exterior da vía, completándose a actuación coa pavimentación da superficie de cesión para, así, ampliar a zona de rodaxe.

Pola outra, no outro tramo, que actualmente está en terra, procederase a preparar a vía e recheala cunha capa de 40 cm de chan seleccionado e completarase con 20 cm de zahorra e acabado mediante dobre tratamento superficial. A actuación finalizarase coa substitución da tubaxe de formigón actual por un novo (DN800).

O concelleiro de Obras, Eulogio Constantino, asegurou que se trata dunha actuación “moi importante para o noso rural e que mellorará considerablemente a seguridade, tanto peonil como viaria, ademais de incrementar as conexións entre os diferentes núcleos que o compoñen”.